
Asemblea ESF Primavera 2025 e Repair Café
O s´abado 29 de marzo teremos a nosa asemblea extraordinaria de primavera no coliving de Anceu ´as 10:00. Despois da asemblea comeremos de picnic coa xente de Rural Hackers, polo que se pide que cada quen traia a s´ua comida.
Ademais, pola tarde, xunto á xente de Rural Hackers , pola tarde teremos un Repair Café na Casa do Pobo de Anceu de 16:00 a 20:00, no que a xente da aldea (e v´os) podedes traer para arranxar electrodomésticos de pequeno tamaño (tostadora, batidora, freidora...), ordenadores, roupa e calqueira cousa que se vos ocorra. E seredes v´os quen os arranxe coa axuda da xente voluntaria. Tam´en vir´a a xente do Postgrowth Innovation Lab da Universidade de Vigo falarnos de dereito a arranxar e outros temiñas interesantes. Non volo perdades!
Transporte ata Anceu:
A xente que vides de Coruña/Santiago/alrededores, o mellor é que veñades en tren/autob´us ata a estaci´on de Pontevedra (hai un tren que chega a Pontevedra ás 9:10 e outro que sae de Pontevedra ás 22:10), e dende al´i xa vos levamos e traemos en coche a xente que andamos polo sur.
Se vides dende Ourense, ou ides directas a Anceu en coche ou vides ata Vigo e ides en coche con n´os. ESF cubrirá os custes de desprazamento (0,26€/km se vides en coche), polo que se pide empregar transporte p´ublico e compartir coche na medida do posible.
Made with LiberaForms at usem.liberaforms.org