Inscricións conversatorio en liña sobre compra pública alimentaria sustentable

A través deste formulario estás a inscribirte na actividade:

O poder da compra pública para alimentar o territorio
📅 Martes 27 de outubro | 🕓 16:00 h a 18:30 h
💻 En liña (Plataforma Zoom): [ligazón á sala da sesión]

PROGRAMA
16:00 h | O poder da compra pública: Cláusulas sociais para transformar o territorio.
Conchi Mogo (REAS Galicia) e María Atienza (REAS Red)

16:20 h | Alimentando os Servizos públicos: A demanda pública como motor do relevo xeracional.
Xosé María García Villaverde (Labrego do Sindicato Labrego Galego)

16:45 | Cociñando saúde pública: Receitas exitosas en escolas, concellos e hospitais. Experiencias:

  • Beatriz Ferreira Varela (Escola Infantil Municipal A Caracola - A Coruña)
  • Beatriz Martínez Domínguez (Concello de Ames)
  • Javier Vidal Iglesias (Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela)

18:00 h | Diálogo aberto: Identificando barreiras e oportunidades na cadea de subministración pública.

18:15 | A cociña das solucións: espazo participativo para recoller recomendacións chave para unha compra pública galega sustentable.

18:25 | Conclusións e peche.

Orientado a: persoal técnico e político da administración pública, axentes de desenvolvemento local, sector agrogandeiro e da economía social e solidaria, emprendemento primario, mulleres produtoras, mocidade rural, xestión de colectividades e cidadanía interesada no consumo consciente e na soberanía alimentaria.

PRESENTACIÓN
A Economía Social e Solidaria (ESS) promove un modelo económico máis sostible, xusto e equitativo, que pon a vida no centro e está o servizo do benestar das persoas e comunidades. Ao contrario do individualismo e a competencia, a Economía Solidaria fomenta a cooperación e a interdependencia como elemento central para a construción de relacións económicas colaborativas, democráticas e transparentes dirixidas á satisfacción de necesidades e ao logro do ben común.

Dende a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS Galicia), co apoio da Rede Eusumo, ideamos esta charla en liña para divulgar e promover os principios da ESS e fomentar o coñecemento, aprendizaxe e colaboración entre persoas e proxectos afíns aos seus valores, que permita o xurdimento e desenvolvemento de novas ideas como tamén de repensar o concepto de economía dos coidados e o seu impacto da man da ESS no noso territorio.

OBXECTIVOS
A finalidade é xerar un espazo de incidencia e sensibilización sobre a capacidade de contratación das administracións para dinamizar o sector primario galego, favorecer o relevo xeracional no rural e promover un modelo de consumo público saudable, sostible e vinculado ao territorio. Obxectivos específicos:

  • Vincular a ESS coa contratación pública: Visibilizar o potencial das entidades de ESS como provedoras estratéxicas de alimentos de calidade, proximidade e con valores sociais para a administración pública galega.
  • Divulgar o marco legal: Analizar os mecanismos legais e técnicos e capacitar na aplicación de cláusulas sociais e criterios de proximidade que permitan orientar os pregos de contratación cara a un modelo alimentario máis sostible e xusto.
  • Impulsar o relevo xeracional e o emprendemento rural: Demostrar como a compra pública alimentaria pode actuar como un mercado estable e seguro que facilite a incorporación de mocidade ao sector primario mediante fórmulas de economía social e solidaria.
  • Promover a cohesión territorial e a sustentabilidade: Concienciar sobre o impacto positivo do consumo institucional de produtos locais na preservación da biodiversidade, o mantemento do medio rural e a prevención de riscos ambientais (como os incendios forestais).
  • Fomentar a intercooperación e a creación de redes: Facilitar un espazo de conexión directa entre o persoal técnico da administración, xestores de colectividades e produtoras da ESS para identificar barreiras e oportunidades na cadea de subministración pública promovendo a marca e os valores da ESS como selo de calidade na contratación pública.

CONTACTO: comunicacion_reasgz@reasnet.com
ORGANIZA: Rede de Economía Social e Solidaria de Galicia (REAS Galicia).
COFINANCIA: Rede Eusumo.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026-2027 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Os teus datos trataranse consonte a seguinte declaración de privacidade:

PROPÓSITO: De conformidade coa Lei 3/2018 (LOPD) informamos que os datos de carácter persoal contidos neste formulario serán tratados coa única finalidade de establecer un sistema de rexistro e custodia dos datos de cada participante dos proxectos cofinanciados a través do Rede Eusumo. A base xurídica deste tratamento é o consentimento expreso e inequívoco, polo que coa súa sinatura da o seu consentimento claro. Os seus datos conservaranse mentres dure esta actividade e o período de xustificación deste proxecto.

LEXITIMIDADE: Por consentimento. Podes retirar o teu consentimento en calquera momento.
DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS (DPD): ASOSIACIÓN REDE DE ECONOMÍA ALTERNATIVA E SOLIDARIA DE GALICIA.
Correo-e: reasgalicia@reasnet.com.
Páxina web: https://protecciondedatosycompliance.es/politica-de-privacidad/. Consonte co «Regulamento Xeral de Protección de Datos – RXPD» (General Data Protection Regulation, (EU) 2016/679).
Se tes algunha dúbida, consulta os datos de contacto indicados arriba.

LIN E ACEPTO A POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Math captcha

4 + 9 =

Made with LiberaForms at usem.liberaforms.org