
OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA "DECRECENDO A TECNOLOXÍA"
- Data: 24 de xullo de 2025
- Horario: 18:00 - 20:00
- Lugar: Área recreativa Os Pasos – Aiazo (Open Street Maps| Google Maps)
Dende os grupos de Mulleres Tecnólogas e Xénero de ESF organizamos un obradoiro de escritura creativa sobre a deconstrución da tecnoloxía. Será unha viaxe individual e grupal para cuestionar as estruturas hexemónicas na ciencia e a tecnoloxía, reflexionar sobre o noso papel e explorar estratexias de cambio.
A actividade será guiada pola compañeira Lucía Ferro, cunha duración aproximada de 2 horas. Non necesitas experiencia previa en escritura: o importante son as conversas e reflexións que xorden.
🚗 Organizarémonos entre todas para o transporte (non te preocupes se non tes coche).
🧺 Ademais do obradoiro, a idea é compartir e desfrutar dun día de verán xuntas, así que algunhas xa estaremos por alí a partir das 12:30 (se vés xantar, lembra traer a túa comida). Anímate a vir antes e darte un chapuzón no río!
Esta actividade ten un máximo de 20 prazas, polo que se te inscribes e o cupo está cheo, enviarémosche un correo para avisarte de que estás en lista de agarda. Así que bule e anótate xa!! E se finalmente non podes vir, avísanos para liberar o oco ;)
Made with LiberaForms at usem.liberaforms.org