Inscricións xornada presencial A ESS é inclusiva e circular
A través deste formulario estás a inscribirte na actividade:
«Desa merda, estes trunfos»
Transformando residuos en oportunidades
Data: Xoves, 29 de outubro
Horario aberto ao público: De 16:00 a 19:30 h (Inscrición previa necesaria)
Lugar: Centro Sociocultural A Caramoniña (Santiago de Compostela)
Programa da Xornada
14:30 – 16:00 h | Ambigú de conexión e intercooperación.
Espazo de traballo interno (Non aberto ao público)
Encontro técnico entre iniciativas para poñer en común logros e aprendizaxes.
Participan:
Boa Vida Inclusión Social | Mulleres Colleiteiras | CostureArte
16:00 – 19:30 h | COMPARTIRES: Dinámica participativa para coñecer polo miúdo proxectos inspiradores de economía circular e liderado feminino. (Aberto ao público - Inscrición previa necesaria)
16:00 h | Partimos da base: Coñeces as nosas basESS?
Presentación dos principios da Economía Social e Solidaria.
16:30 h | Misiva de exploradoras: Viaxe ás 3 illas de éxito
Percorrido polas liñas do tempo, fitos e aprendizaxes dos tres proxectos referentes.
17:15 h | Diálogos de ti a ti: Entrevistas en profundidade
Conversas directas cos proxectos segundo os intereses e necesidades de cada participante.
18:15 h | O mapa do futuro: Oportunidades, desafíos e accións
Posta en común dos cadernos de campo para deseñar estratexias colectivas.
19:00 h | Camiño andado: Claves para replicar e emprender
Identificación de aspectos clave e modelos transferibles para novas iniciativas.
Facilita: Ángela Fraga do proxecto Reparándo(nos) e REAS Galiza.
Orientado a: * Entidades e proxectos de economía circular, xestión de residuos e inclusión sociolaboral que busquen consolidarse ou emprender. * Persoas en busca de novas oportunidades de emprego, autoemprego ou con interese no desenvolvemento sustentable.
PRESENTACIÓN
A Economía Social e Solidaria (ESS) promove un modelo económico máis sostible, xusto e equitativo, que pon a vida no centro e está o servizo do benestar das persoas e comunidades. Ao contrario do individualismo e a competencia, a Economía Solidaria fomenta a cooperación e a interdependencia como elemento central para a construción de relacións económicas colaborativas, democráticas e transparentes dirixidas á satisfacción de necesidades e ao logro do ben común.
Dende a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS Galicia), co apoio da Rede Eusumo, ideamos esta charla en liña para divulgar e promover os principios da ESS e fomentar o coñecemento, aprendizaxe e colaboración entre persoas e proxectos afíns aos seus valores, que permita o xurdimento e desenvolvemento de novas ideas como tamén de repensar o concepto de economía dos coidados e o seu impacto da man da ESS no noso territorio.
OBXECTIVOS
Esta actividade ten como finalidade a dinamización do tecido produtivo local mediante o impulso de modelos de negocio baseados na economía circular e a xestión de residuos con impacto social. Céntrase en visisbilizar, poñer en valor e reforzar iniciativas que transforman desafíos ambientais en oportunidades de autoemprego e consolidación empresarial baixo fórmulas de ESS, con especial foco no liderado feminino e na inserción laboral de colectivos vulnerables.
A actividade consiste nunha xornada de innovación e intercooperación entre emprendementos en Economía Circular e Impacto Social, que xorde das necesidades detectadas na sesión en liña desenvolvida na pasada convocatoria desta mesma liña de axudas e que persegue os seguintes obxectivos específicos:
- Identificar nichos de mercado emerxentes e oportunidades de transferencia de coñecemento técnico no ámbito da xestión de residuos con impacto social.
- Identificar e analizar modelos de negocio escalables e replicables no ámbito rural e urbano da provincia a partir do intercambio de experiencias e boas prácticas.
- Promover o coñecemento mutuo e o intercambio de saberes e capacidades que permitan deseñar respostas innovadoras aos retos actuais do mercado e de soster emprego.
- Fomentar a xeración de novas redes de colaboración e apoio mutuo e propiciar a creación dun ecosistema de intercooperación para a optimización de recursos compartidos e o reforzo de proxectos de forma colectiva.
CONTACTO: comunicacion_reasgz@reasnet.com
ORGANIZA: Rede de Economía Social e Solidaria de Galicia (REAS Galicia).
COFINANCIA: Deputación da Coruña e Rede Eusumo.
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña e a Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Made with LiberaForms at usem.liberaforms.org