Inscrición: Feira de reparación en Monforte

Formulario de inscrición para o evento de reparación e troco en Monforte o sábado 25 de abril de 2026.

O evento comezará ás 16h cunha breve presentación das organizadoras e do espazo.
A feira contará con:

- Postos de reparación de roupa, electrodomésticos, bicicletas e outros obxectos variados.
Trae os obxectos que queiras arranxar e terás unha profesional que che pode ensinar e axudar a reparalos (dentro das súas posibilidades de coñecementos e materiais). Se xa tes pezas de reposto para o que queres arranxar, estaría xenial que as trouxeras.

- Troco de roupa
Trae un máximo de 10 prendas de roupa para facilitar a xestión da roupa despois do evento.
É moi sinxelo, simplemente coloca a túa roupa nos espazos habilitados, e colle a que necesites.

- Postos de artesanía local: mermeladas, xabóns e bisutería para apoiar ó comercio local

O peche do evento será ás 19h.
Peques benvido/as. Xusto diante do lugar do evento hai un parque para peques.

Enderezo: Rua Doutor Lopez Suarez 16, Monforte de Lemos.
Organizan: Amigas da Terra e espazo Habitada.

De conformidade coa Lei 3/2018 (LOPD) informamos que os datos de carácter persoal contidos neste formulario serán tratados coa única finalidade de establecer un sistema de rexistro e custodia dos datos de cada participante das actividades de Amigas da Terra. A base xurídica deste tratamento é o consentimento expreso e inequívoco, polo que coa súa sinatura da o seu consentimento claro. Os seus datos conservaranse mentres dure o servizo e período de xustificación das actividades. Poderá opoñerse en calquera momento a estes tratamentos, así como exercitar os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dirixíndose, por escrito, xuntando unha fotocopia do seu DNI a AMIGAS DA TERRA, Rúa Bedoya, 5, 32004 Ourense. Se tes algunha dúbida, consulta os datos de contacto indicados arriba.

Math captcha

5 + 7 =

Made with LiberaForms at usem.liberaforms.org