Como vivimos no Val Miñor?

Foro aberto para tratar a problemática da vivenda en Nigrán, Baiona e Gondomar

Como vives a problemática da vivenda no Val? Que podemos facer para habitar este lugar?

As dificultades da vivenda no Val Miñor é algo importante e necesario para moitas persoas hoxe en día.

Somos Patricia e Dieguis, dúas persoas que ademais de apaixonarnos os grupos tamén estamos preocupadas pola problemática ca vivenda no Val Miñor. Por este motivo, crearemos un Foro Aberto o vindeiro 25 de Agosto no Auditorio de Nigrán para tratar este tema colectivamente.

O Foro Aberto é un espazo onde as persoas interesadas no reto da vivenda no Val Miñor poden compartir experiencias, perspectivas, actitudes ou o que consideren e/ou atendendo o que neste encontro se trate. É un espazo colectivo de escoita, reflexión e acompañamento que ten como obxectivo coñecer máis en profundidade este tema entre todas as persoas interesadas.

O espazo será facilitado por nós e terá unha duración de 2 horas (19:30-21:30).
Prégase puntualidade xa que as portas pecharanse unha vez comezado o foro deixando sempre sair as persoas que así o queiran.

Para poder asistir ao Foro Aberto é necesaria a inscrición previa até o venres 21 de agosto neste formulario ou escribindo ao correo-e foroaberto@protonmail.com ou ao número de teléfono 647169876.

Como sei se o Foro Aberto é para min?
Se che interesa o tema (aínda que soamente un chisco) é para ti!

Math captcha

6 + 9 =

Hecho con LiberaForms en usem.liberaforms.org