Fai o teu mobil seguro e privado
Nesta actividade, vinculada ao programa de obradoiros para o cambio ecosocial, amosaremos como instalar aplicacións libres de publicidade para navegar pola rede, o teu correo electrónico e a crear e gardar os teus contrasinais de xeito seguro. Evitando así, que os teus datos alimenten o algoritmo e as corporacións tecnolóxicas, axudando a manter un Internet máis rápido, limpo e seguro, para ti e as demais persoas.
A execución da actividade está condicionada a chegar a un mínimo de 8 inscricións. De non cubrirse, porémonos en contacto contigo o día 10. Se non recibes noticia é que vai adiante :D
Cando: o sábado 12 de setembro de 2026, de 11h a 14h
Onde: no Centro Social A Hedreira, en Lugo (Rúa Catasol, 17 | Lugo)
Custo: actividade gratuíta
Para calquera dúbida pódesnos escribir ao correo soberaniadixital@galicia.isf.es ou chamar (só chamadas, non whatsapp) ao teléfono 722 716 870 en horario de 10h a 17h de luns a venres.
Feito con LiberaForms en usem.liberaforms.org