TIRALO? NIN PENSALO!

Repair Café (Que é isto do Repair Café?) na antiga escola de Lira (Salvaterra de Miño)

Sábado 18 de Xaneiro de 16:00 a 20:00

Apúntate antes do 13 de xaneiro e dinos que precisas arranxar ou en que podes botar unha man como persoa voluntaria: axudar a outra xente a arranxar roupa, ordenadores, electrónica de consumo, electrodomésticos, bicicletas, mobles… ou outras cousas, ou para recibir á xente e ofrecerlles un café, traer un tentempé caseiro, doce ou salgado para compartir, etc.

Organizado por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Colaboran: Fundación Eomaia, a Comunidade de Montes de Lira, a Escola de Saberes e Arquipélagos. Cofinancia: Cooperación Galega

De conformidade coa Lei 3/2018 (LOPD) informamos que os datos de carácter persoal contidos neste formulario serán tratados coa única finalidade de establecer un sistema de rexistro e custodia dos datos de cada participante das actividades de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. A base xurídica deste tratamento é o consentimento expreso e inequívoco, polo que coa súa sinatura da o seu consentimento claro. Os seus datos conservaranse mentres dure o servizo e período de xustificación das actividades. Poderá opoñerse en calquera momento a estes tratamentos, así como exercitar os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dirixíndose, por escrito, xuntando unha fotocopia do seu DNI a ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA, ETSE Camiños, Canais e Portos, Campus de Elviña s/n, 15071 A Coruña.

Made with LiberaForms at usem.liberaforms.org