Espazo de reparación colectiva de obxectos domésticos
Espazo de reparación colectiva de obxectos domésticos no IES de Teis na Avda. de Galicia, 101 (Vigo).
Venres 6 de febreiro de 17:00 a 20:30
Localización: Open Street Maps | Google Maps
Apúntate antes do 4 de febreiro e dinos que precisas arranxar ou en que podes botar unha man como persoa voluntaria: axudar a outra xente a arranxar roupa, ordenadores, electrónica de consumo, electrodomésticos, bicicletas, mobles… ou outras cousas, ou para recibir á xente e ofrecerlles un café, traer un tentempé caseiro, doce ou salgado para compartir, etc.
Organizado por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Colabora: IES de Teis. Financia: AMTEGA
Feito con LiberaForms en usem.liberaforms.org