Inscricións charla en liña TIC éticas coa ESS
A través deste formulario estás a inscribirte na actividade:
TIC que coidan
Transitando cara a un modelo tecnolóxico alternativo coa ESS
📅 Xoves 15 de outubro | 🕓 16:00 h a 18:30 h
💻 En liña (Plataforma Jitsi): https://meet.jit.si/TICcoaESS
🛠️ Imparte: Enxeñería Sen Fronteiras
PROGRAMA
16:00 h | A pegada dixital da ESS: As ferramentas dixitais que empregamos están aliñadas cos nosos valores?
16:30 h | Tecnoloxía con valores: Ante as grandes potencias tecnolóxicas, alternativas comunitarias e soberanas.
17:00 h | Kit de ferramentas éticas (Demo en vivo): Solucións prácticas e libres de comunicación, almacenamento e ofimática para o día a día.
18:00 h | Espazo de partilla: Probas, resolución de dúbidas e diagnose exprés de barreiras.
Orientado a: emprendedoras, entidades e proxectos que procuran bases dixitais éticas, profesionais que precisan alternativas eficientes aliñadas cos seus valores, persoal técnico de acompañamento ao emprendemento… así como calquera persoa ou entidade interesada na soberanía tecnolóxica.
PRESENTACIÓN
A Economía Social e Solidaria (ESS) promove un modelo económico máis sostible, xusto e equitativo, que pon a vida no centro e está o servizo do benestar das persoas e comunidades. Ao contrario do individualismo e a competencia, a Economía Solidaria fomenta a cooperación e a interdependencia como elemento central para a construción de relacións económicas colaborativas, democráticas e transparentes dirixidas á satisfacción de necesidades e ao logro do ben común.
Dende a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS Galicia), co apoio da Rede Eusumo, ideamos esta charla en liña para divulgar e promover os principios da ESS e fomentar o coñecemento, aprendizaxe e colaboración entre persoas e proxectos afíns aos seus valores, que permita o xurdimento e desenvolvemento de novas ideas como tamén de repensar o concepto de economía dos coidados e o seu impacto da man da ESS no noso territorio.
OBXECTIVOS
Este encontro en liña ten como obxectivo fortalecer as entidades da Economía Social e Solidaria (ESS) de Galicia, especialmente no ámbito rural, impulsando a súa modernización e autonomía tecnolóxica a través da innovación social.
Nun contexto onde a dixitalización é clave, a actividade propón un espazo práctico e de reflexión sobre o uso de TIC éticas, software libre e soberanía dixital, aliñando a tecnoloxía cos valores de cooperación, privacidade e compromiso co ben común.
Obxectivos principais:
- Vincular os principios da ESS co uso de ferramentas de código aberto.
- Identificar os riscos da dependencia tecnolóxica de grandes corporacións.
- Fomentar a intercooperación mediante plataformas compartidas e éticas.
- Detectar necesidades do sector para deseñar un futuro itinerario de dixitalización ética.
CONTACTO: comunicacion_reasgz@reasnet.com
ORGANIZA: Rede de Economía Social e Solidaria de Galicia (REAS Galicia).
COFINANCIA: Rede Eusumo.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026-2027 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Feito con LiberaForms en usem.liberaforms.org