Fai o teu mobil seguro e privado

Nesta actividade, vinculada ao programa de obradoiros para o cambio ecosocial, amosaremos como instalar aplicacións libres de publicidade para navegar pola rede, o teu correo electrónico e a crear e gardar os teus contrasinais de xeito seguro. Evitando así, que os teus datos alimenten o algoritmo e as corporacións tecnolóxicas, axudando a manter un Internet máis rápido, limpo e seguro, para ti e as demais persoas.

A execución da actividade está condicionada a chegar a un mínimo de 8 inscricións. De non cubrirse, porémonos en contacto contigo o día 25.

Cando: o sábado 27 de xuño de 2026, de 10:30h a 13:30h
Onde: no espazo da Fundación Galicia Verde en Leboso, Forcarei (https://maps.app.goo.gl/Ad4U2SQjgxbTT9VN6)
Custo: actividade gratuíta

Para calquera dúbida pódesnos escribir ao correo martina.paramos@isf.es ou chamar (só chamadas, non whatsapp) ao teléfono 722 716 870

Haberá petiscos e café ;)

Math captcha

3 + 5 =

Feito con LiberaForms en usem.liberaforms.org